Para avaliar as políticas estratéxicas de desenvolvemento do Concello de Tordoia presentaránse os orzamentos anuais de gasto por programas, o que permite disponer da información sobre a finalidade dos créditos que se teñan orzamentado e os obxectivos previstos.

Avaliación de plans e programas Tordoia

Segundo o artigo 6 da Lei de Transparencia “As Administracións Públicas publicarán os plans e programas anuais e plurianuais nos que se fixen obxectivos concretos, así como as actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución. O seu grao de cumprimento e resultados deberán ser obxecto de avaliación e publicación periódica xunto cos indicadores de medida e valoración, na forma en que se determine por cada Administración competente”.