Para participar realizando unha consulta:
Ao abeiro da Lei de Transparencia, calquera cidadá ten dereito de acceso á información pública, cos límites contidos na propia Lei (artigos 14-16).
Para realizar unha consulta, deberase dirixir a solicitude ao Alcalde-Presidente do Concello de Tordoia, incluindo a seguinte información:
- A identidade do solicitante
- A información que se solicita
- Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicación
- No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada (escrito, email, etc)
Non é obrigatorio motivar a solicitude, pero poderán expoñerse os motivos polos que solicita a información, e serán tidos en conta cando se dite a resolución.
Con todo, a ausencia de motivación non pode ser por si mesa causa de rexeitamento da solicitude.
Para realizar a solicitude de información, pode utilizarse a instancia tipo do concello dispoñible na seguinte ligazón:
Para participar na valoración dos servizos:
Dende o Concello convídase a participar a todos os veciños e veciñas na valoración dos servizos municipais, para poder seguir mellorando a xestión municipal.
Na seguinte ligazón pode cubrir a enquisa de avaliación de calquera dos servizos municipais, nos que ademáis de dar unha valoración, pode deixarse calquera outro comentario que poida colaborar no desenvolvemento dos servizos
FACER A ENQUISA NIVEL DE CALIDADE DOS SERVIZOS MUNICIPAIS ONLINE