MEMBROS

Son membros da Xunta de Goberno Local, presidida polo señor alcalde Eduardo Antonio Pereiro Liñares, os seguintes concelleiros e concelleiras:

– D. Amadeo Cancela Fariña
– Dª. María del Mar García González
– D. Óscar Liñares Casal

CELEBRACIÓN DE SESIÓNS

Quedan establecidas as sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local o segundo e cuarto xoves non festivo de cada mes ás 13.00 horas, sen prexuízo de posibilidade de variación motivada.

FUNCIÓNS

A Xunta de Goberno Local, ten como competencia básica prestar asistencia e asesoramento a esta Alcaldía no exercicio das súas atribucións, e ostenta, por delegación da mesma, as competencias seguintes:

– A concesión e transmisión de autorizacións de apertura de establecementos.

– Concesión e transmisión de autorizacións urbanísticas.

– Declaración, de interese xeral de construcións e instalacións e emprazar en solo rústico.

– Concesión, transmisión ou modificación de autorización de auto-taxi e demáis vehículos de aluguer, así como declaración de caducidade das mesmas.

– Expediente a efectos en materia de medio ambiente.

– Aprobación de facturas de importe igual ou superior a 1.200,00€

A delegación comprende tanto as facultades de dirección como a xestión de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.