MEMBROS

No Pleno de investidura celebrado o 15 de xuño de 2019 foi investido Alcalde – Presidente D. Eduardo Antonio Pereiro Liñares.

Segundo decreto de Alcaldía nº 134/2019 quedan nomeados como Tenentes de Alcalde:

  • 1º Tenente – Alcalde: Inés Santos Pereiro
  • 2º Tenente – Alcalde: Amadeo Cancela Fariña

FUNCIÓNS

Aos tenentes de alcalde así designados, correspóndelles substituir ao Alcalde na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións.

Realizáronse a favor dos/as concelleiros/as que se indican as seguintes delegacións xenéricas con competencia resolutiva:

– Educación, Medio Ambiente e Medio Rural: D. Óscar Liñares Casal.
– Emprego, Servizos e Urbanismo: D. Marcos Fraga Rama.
– Terceira Idade e Festexos: Dª. Manuela González Pallas.
– Deporte e Cultura: Dª. María del Mar García González.
– Asuntos Sociais: Dª. Inés Santos Pereiro.
– Obras e Viais: D. Amadeo Cancela Fariña.

Facultades que se delegan no ámbito da área de servizo indicado terá a responsabilidade da área na que é competencia do Alcalde, para coñecemento, xestión ordinaria e seguimento, así como dirixir os servizos con proposta de resolución.  En ditas delegacións non se inclúe a facultada de resolver mediante actos administrativos que afectan a terceiros.

Así mesmo, nomeánronse como representantes nos órganos colexiados:

– Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes: D. Eduardo Antonio Pereiro Liñares.
– Consello Escolar: D. Óscar Liñares Casal.
– Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER): D.Eduardo Antonio Pereiro Liñares.